PREMIOS MESTRE MATEO


Fai pouco, vimos unha noticia dun traballador actual da "Productora Faro", ao que lle outorgaron un premio. O afortunado foi Rodrigo Vázquez Rodriguez, e o seu premio foi o fámoso "Mestre Mateo", pero... Que son eses premios?, Quen é o Mestre Mateo?

Os premios Mestre Mateo son uns galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia.


 O Mestre Mateo (c. 1150 - c. 1200 ou c. 1217) foi un arquitecto e escultor galego, artífice da cripta e do Pórtico de Gloria da catedral de Santiago de Compostela que estivo activo entre o 1161 e o 1217. Dise que está autoesculpido no propio pórtico. Tamén é autor do antigo coro pétreo da mesma catedral. Este coro desfíxose, pero agora estase tentando rematar de reconstruír. 

Tamén desenvolveu o seu labor nos reinos cristianos medievais da península Ibérica durante a segunda metade do século XII. O primeiro dato que se obten do Mestre Mateo, é un documento de 1.168, gardado no arqivo da catedral de Santiago, e recibia unha importante suma de diñeiro por parte do rei Fernando II de León. É a figura máis importante da historia da arte do Camiño de Santiago.







Comentarios

  1. Pauliña, revisa a primeira liña do escrito (colocación do pronome átono).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Grupos consonánticos (cc, ct)

O ANTEPRETÉRITO

VERBOS, cadro e exercicios