O ANTEPRETÉRITO
O antepretérito caracterízase polas seguintes terminacións:
- -AR: -ara, -aras, -ara, -aramos, -arades, -aran.
- -ER: -era, -eras, -era, -eramos, -erades, -eran.
- -IR: -ira, -iras, -ira, -iramos, -irades, -iran.
Este tempo emprégase para falar de acontecementos que tiveron lugar antes do pretérito.
Por exemplo: Cando cheguei (pretérito) á estación, o tren xa marchara (antepretérito). Neste caso imaxinemos que nós chegamos á estación ás 12 e o tren saíu ás 11.
Gacias de novo profe.
ResponderEliminarMoitas grazas 😁😁😁
ResponderEliminar