O ANTEPRETÉRITO

O antepretérito caracterízase polas seguintes terminacións: -AR: -ara, -aras, -ara, -aramos, -arades, -aran. -ER: -era, -eras, -era, -eramos, -erades, -eran. -IR: -ira, -iras, -ira, -iramos, -irades, -iran. Este tempo emprégase para falar de acontecementos que tiveron lugar antes do pretérito. Por exemplo: Cando cheguei (pretérito) á estación, o tren xa marchara (antepretérito) . Neste caso imaxinemos que nós chegamos á estación ás 12 e o tren saíu ás 11.