Grupos consonánticos (cc, ct)
De todos os grupos consonánticos a estudar na lingua galega, estes dous (CC; CT) son os que presentan maior diferenza respecto do seu uso no castelán. Os grupos ct e cc mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais a, e, o : abstracción, abstracto, abxección, abxecto, acción, accionar, acta, activo, acto, actor, actual, actualidade, actuar, adxectivo, afección, afectar, afectivo, afecto, arquitecto, arquitectura, artefacto, aspecto, atracción, autóctono, cacto, calefacción, calefactor, carácter, caracterizar, circunspección, circunspecto, coacción,cocción, colección, colecta, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción, conxectura, conxecturar, corrección, corrector, defectivo, desinfección, desinfectar, detección, detectar, detractor, dialecto, didáctico, dilección, dilecto, dirección, directo, director, distracción, ecléctico, eclecticismo, elección, electricidade, electricista, equinoccial, equinoccio, estupefacción, estupefacto, exacción,...