Entradas

Grupos consonánticos (cc, ct)

De todos os grupos consonánticos a estudar na lingua galega, estes dous (CC; CT) son os que presentan maior diferenza respecto do seu uso no castelán. Os grupos ct e cc mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais a, e, o : abstracción, abstracto, abxección, abxecto, acción, accionar, acta, activo, acto, actor, actual, actualidade, actuar, adxectivo, afección, afectar, afectivo, afecto, arquitecto, arquitectura, artefacto, aspecto, atracción, autóctono, cacto, calefacción, calefactor, carácter, caracterizar, circunspección, circunspecto, coacción,cocción, colección, colecta, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción, conxectura, conxecturar, corrección, corrector, defectivo, desinfección, desinfectar, detección, detectar, detractor, dialecto, didáctico, dilección, dilecto, dirección, directo, director, distracción, ecléctico, eclecticismo, elección, electricidade, electricista, equinoccial, equinoccio, estupefacción, estupefacto, exacción,...

Día das letras 2019

Imagen
Dous vídeos que convidan á reflexión:

MERCEDES PEÓN, MÚSICA GALEGA

Imagen
Aquí tedes unha entrevista a Mercedes Peón, música galega.

ANA PELETEIRO, A ATLETA GALEGA

Imagen
Ana Peleteiro manifesta no programa Land Rober o seu orgullo de ser galego-falante. Que opinades?

O ANTEPRETÉRITO

Imagen
O antepretérito caracterízase polas seguintes terminacións: -AR: -ara, -aras, -ara, -aramos, -arades, -aran. -ER: -era, -eras, -era, -eramos, -erades, -eran. -IR: -ira, -iras, -ira, -iramos, -irades, -iran. Este tempo emprégase para falar de acontecementos que tiveron lugar antes do pretérito. Por exemplo: Cando cheguei (pretérito)  á estación, o tren xa marchara (antepretérito) .             Neste caso imaxinemos que nós chegamos á estación ás 12 e o tren saíu ás 11.

VERBOS, cadro e exercicios

Premendo aquí atoparedes o cadro explicativo dos modos verbais nas tres conxugacións (modelos regulares). E aquí abaixo tedes exercicios de verbos por se queredes ir practicando. EXERCICIOS VERBOS  I EXERCICIOS VERBOS  II Non vos esquezades de que na esquerda do blog tedes unha ligazón a DIGALEGO , no que tamén tedes un apartado de verbos. Ánimo!!!